Biografía

Nado en Figueres, onde comeza a estudar música ós 6 anos, na escola "la Flauta Màgica". Con 8 anos incorporase ós cursos preliminares de gralla da Aula de Música Tradicional que a Generalitat de Cataluña leva á capital do Alt Empordà. Con 9 anos comeza a tocar cos "Grallers de Figueres".

Incorpórase a Aula de Música Tradicional cando esta se instala definitivamente en Figueres. Cursa as asignaturas teóricas e de instrumento e acada a titulación de "instrumentista tradicional" en xuño de 2001, con 14 anos. En xuño de 2006 remata os estudos da Aula co título de "maestro instrumentista tradicional" con 19 anos.

Toca a gralla, a tarota, a tenora e a xirimia. En 2014 graduouse dos estudos superiores de gralla na ESMUC (Escola Superior de Música de Catalunya), obtendo as máximas calificacions no proxecto de final de carreira.

Estudou tenora con Jordi Molina e con Jordi Figaró. Formou parte dos " Grallers de Figueres", dos "Ministrers de Figueres" e o grupo de música medieval "Beata Escarola". Tamén ten interpretado concertos de gralla e piano con Nil Jordà, do que gravaron un disco no ano 2003. Na actualidade toca con "Grallers Els Quatrevents", "Anem de Festes" "Els Groullers", "Metralla", "Tres Tons Quartet", "La Cobleta de la Copeta" e a cobla de tres quartans " Quarts de Tres". Co seu irmán Nil interpretan o “concerto para gralla e piano”.

Fai os arranxos de temas que interpretan os seus grupos e compón algúns temas novos, como o "Ball dels Gegants de LLadó", estreado no 2003, ou o "Ball d´en Banyut" (Celrá), estreado no 2012. No ano 2002 gañou, na categoría sub-18, o concurso de composición de sardanas da Escola de Cobla Santa Maria e a colla sardanista Sa Palomera de Blanes, coa sardana "Agost Plujós" (Agosto Chuvioso).

Na actualidade imparte clases de linguaxe musical e gralla en diferentes escolas de Catalunya.

Ten actuado, cos diferentes grupos, por todos os "Paises Catalanes" (Cataluña, Valencia, Baleares e o Rosellón), en España, Andorra, Francia, Portugal, Italia, Marrocos, Escocia.....

Escóitao na páxina de audios ou na de videos

Baixar o currículum en formato pdf

Video da entrevista que Paton Soler fez a Ivó Jordà para o programa Músics d'aqui de Penedès TV, com uma revisão a sua biografia profissional. Inclui o " Ball de l'*Àliga da Patum" e "Salsa Romescu", de Albert Galcerà.