Concerto de gralla e piano

O concerto que interpretan os irmáns Ivó e Nil Jordà, graller e pianista respectivamente, é un concerto de cámara con música de raíz tradicional para gralla e piano.

A gralla é un instrumento tradicional de Cataluña que, a pesares da súa proxección eminentemente popular, ofrece unhas posibilidades interpretativas que o elevan á categoría de instrumento de concerto. Así o teñen entendido algúns compositores que teñen escrito pezas de concerto para gralla e piano.

Esta música de cámara ten a súa orixe no 1996 na iniciativa de Jordi Fàbregas, Marcel Casellas e Toni Oró, recoñecidos compositores e instrumentistas os tres, que, ao compoñer as tres primeiras pezas de concerto para gralla e piano, comezaron a abrir novos camiños para este instrumento tan noso. Estes tres primeiros temas estreáronse no Tradicionarius do 96. O éxito de aquela primeira experiencia foi tan notable que se uniron outros sete compositores - todos eles tamén moi destacados no mundo da música tradicional e folk do noso país- e os dez temas recopiláronse no libro "Deu peces per a piano i gralla (Edicións CAT) e presentouse nun concerto no festival Tradicionarius do 98.

Son temas de concerto nos que gralla e piano combínanse á perfección e collen relevo por eles mesmos sen que en ningún momento un someta ao outro. Os dous instrumentos son solistas cando lles toca e os momentos de lucimento altérnanse con harmonía e equilibrio.

Música de cámara, de raíz tradicional, para gralla e piano: un concepto novo e unha sonoridade que sorprende agradablemente, afeitos como estamos a identificar o son da gralla coa festa, os "castells" ou os xigantes. Estas dez pezas amosan que a gralla é un instrumento de cámara como calquera outro e que pode interpretar temas de concerto sen outros problemas que os que comportan unha dixitación e unha afinación impecables.

Tanto pola dificultade interpretativa dos temas -sobretodo para a gralla- como pola ata o de agora nula convivencia entre estes dous instrumentos, é fácil adiviñar que este repertorio non se interpreta moi a miúdo. En efecto, durante moitos anos prácticamente non saira do círculo da Aula de Música Tradicional onde, de vez en cando, profesores e alumnos interpretaban algún tema ( si os profesores o facian para amosar ata onde se pode chegar coa gralla si se traballa a fondo, os alumnos adiantados tomábano como un reto para amosar o seu nivel de dominio do instrumento).

Dende o momento no que os irmáns Ivó e Nil Jordà levaron este concerto por toda Cataluña, medrou o interés por esta combinación de instrumentos ata o punto de que outros intérpretes incluíron algún tema e outros compositores aportaron pezas novas. Eles mesmos, Ivó e Nil, compuxeron pezas para ser interpretadas nese formato e teñen incorporado algún instrumento mais, como o "fiscorn", que os acompaña nas actuacións.

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
699 011 640
Web do concerto