Criatures

Criatures” é un duo íntimo, onde a gralla e o acordeón trasladanse a un terreo pouco explorado por estes dous instrumentos. Sen perder as orixes, e mantendo sempre os pés no terreo tradicional, achégase a novos estilos e a novos ritmos. Un traballo minucioso para poder trasladar a un entorno concertístico estes dous instrumentos tan enraizados na festa popular a pé de rua.

Marçal e l´Ivo colaboran xuntos en outros proxectos e dende hai anos fan pequenas aparicions conxuntamente, asi que era cuestión de tempo que nacera "Criatures".

Presentanse en dous espectáculos que, ao mesmo tempo son dous formatos:

"De postres, acordeón con gralla"
Marçal Ramon (acordeón) e Ivó Jordà (gralla)

Salteado da delicadeza do acordeón, diatónico claro, e o son punzante da gralla, eso si, rebaixada para a ocasión. a mestura dos gustos da terra, con virutas de música moderna, non esquecendo nunca un toque de improvisación. Unha proposta lixeira para todos os padais. Ideal para concertos acústicos ou de pequeno formato: tabernas, festas, bares muscais etc.

"Criatures e os homes de sentido común.
Marçal Ramon,(acordeón), Ivó Jordà (gralla), Iu Boixader (contrabaixo) e Oriol López (bateria).

Ampliamos a formación orixinal con unha base formada por contrabaixo e bateria. Esta variante dalle un plus de variedade e sonoridade. Podese interpretar en acústico ou sonorizado si as condicions o requiren.

Podes escoitar máis temas clicando aquí o aquí

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
criaturesmusica.cat
Subscribir o boletín de Criatures
699 011 640 (Ivó)

Facebook Twitter Sound Cloud You Tube

 

O novo disco do grupo. Clica para ir á sua página

Portada CD Taumàtrop