Els Quatrevents

O grupo de grallers Els Quatrevents naceu o mes de maio de 2007 no casal del barri de Sant Antoni de Barcelona. Practicamente todos iamos polo casal e decidímonos a facer un grupo de música. Formámolo cinco mozos de diferentes lugares da xeografía catalana, dende a plana de LLeida ata Figueres pasando por Reus e Barcelona.

Na nosa corta historia temos gañado o primeiro premio do concurso "Tu Tries" ( ti escolles) da Vila de Palamós e o primeiro premio do "Concurs Popular de Gralla" (Concurso popular de Gralla) da Ciutat de LLeida.

Acompañamos de cotío ós xigantes do barrio de Sant Antoni de Barcelona e o "baile de Gitanas" de Gavà. Acompañamos ós xigantes e o León de Reus, ós "Castellers de Vilafranca", ós xigantes da Ciutat de Barcelona, ós bastoners de Sant Pere de Ribas, entre outros.

De cotío interpretamos o repertorio tradicional "graller", pezas do repertorio oitocentista e apostamos por tocar repertorio a catro voces de gralla.

O grupo fórmano: Ivó Jordá, Manu Sabaté, Adriá Pérez e Heura Gaya ás grallas, e Marc Vall ao tambor.  

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
699 011 640 (Ivó) / 654 018 747 (Manu)

Facebook