O Concerto

Els Quatrevents presentamos un espectáculo en formato concerto.

Pensado para gozar das coidadas interpretacións da formación, que ofrece un repertorio diverso que pasa por fantasías da época de ouro da gralla (finais do século XlX, comezos do XX) ata novas composicións feitas expresamente para a formación e que ten como obxectivo fomentar a dignificación da gralla e o tambor.

Cabe destacar que a meirande parte do repertorio está escrito a catro voces, o que lle permite á formación crear unha armonías mais complexas e xogar coa sonoridade das diferentes grallas.

Duración: 1 hora e media.
Tipo: para todos os públicos