Els Groullers

Partindo do mundo da música de rúa e da animación teatral e con máis dunha década de experiencia sobre os escenarios, Els Groullers temos elaborado un repertorio propio a partir da tradición e hai pouco, a composición de novos temas. A nosa formación é o que chamamos tres quartans amb folre, unha banda ou pequena orquestina, que parte da antiga cobla de tres quartans (composta por sac de gemecs (gaita), tarota, e o flabiol e tamborí) e amplíase no aspecto rítmico coa batería e as percusións, e no aspecto armónico co acordeón diatónico e o contrabaixo. Ademais dos tres quartans tamén ten un papel moi importante a gralla e cada vez máis a voz.

Os Groullers traballamos a música de raíz catalana na linea do que foi o movemento da "riproposta" en Italia, que tamén é coñecido como "trad" en Francia e Occitania e que na Península ou nos países anglosaxones denominase "folk". O noso repertorio componse de temas tradicionais dos países Cataláns reelaborados con unha linguaxe actual (como se pode deducir polo tipo de formación), ou sinxelamente temas de creación propia elaborados a partir dos ritmos e sonoridade tradicionais.

Entre outros, os nosos referentes foron grupos como "Clau de LLuna" (Cataluña), "La Musgaña" (Castilla), "Oskorri" (Euskal Herria), "Blowzabella" (Bretaña).

O grupo fórmano: Miquel Beltran: batería, percusións e voz. Montse Casanova: acordeón diatónico, guitarra e voz. Jordi Galobart: flabiol e tamborí, clarinete turco, e guitarrón. Ivó Jordà: gralla e tarota. Ramon Riera: sac de gemecs, gralla e voz. Agustí Riu: percusións.

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
658 837 826 (Georgina)
Web do grupo

Facebook Spotify