La Cobleta de la Copeta

Imaxinádevos que estades nunha pequena vila do Pirineo catalán. Nunha tasca rústica, despois dunha cea de mérito. Entre vasos de ratafía, botas de viño e porrons de garnacha. Coa sobremesa longa, é sábado pola noite. Namentres que estades de charla co resto de comensais, alguén arrinca unha cantiga.

La Cobleta de la Copeta somos catro mozos instrumentistas que herdamos o gusto da música que se ten feito na nosa terra; que namorámonos das letras e das melodías que os nosos devanceiros improvisaban entre vaso de viño e queixo e que nos enfeitizamos da música que nos arraiga nunha terra aberta.

Por elo, a nosa música tradicional ten a frescura da nosa mocidade, a rigorosidade do paso dos séculos e da ousadía de reinterpretala e inventala de novo. Os nosos concertos fan un repaso á historia do noso país a partires da súa música. Música para escoitar e para bailar. E música para cantar. La Cobleta de la Copeta ten de novo o que xustamente a conecta co vello.

Non é necesario mais que imaxinar para vivilo. Escóitanos e pasa un bo rato connosco. Participaredes nun espectáculo que vos fará sentir mais cercanos a unha terra que vos acolle e vos abanea.

O grupo fórmano: Magalí Sala: violín y voz; Ivó Jordà: gralla, tarota y voz; Marçal Ramon: acordeón diatónico y voz i Iu Boixader: contrabajo y voz.

Podes escoitar algúns temas clicando aquí o aquí

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
699 011 640 (Ivó)

Facebook Sound Cloud