Metralla

Como o seu nome indica -facendo un pequeno xogo de palabras- Metralla é unha formación composta por grallas e metais, sen esquecernos do imprescindible apoio rítmico que sempre lles acompaña. Concretamente, a formación consta de unha tuba, dous trombóns, unha trompeta, catro grallas en si bemol, unha caixa e un bombo.

Metralla nace en Reus, ideada polo músico reusense Daniel Carbonell, en setembro do ano 2005 cunha funcionalidade moi concreta: acompañar o novo León criado o mesmo ano e que se incorpora dende ese momento ao cortexo festivo da cidade, co gallo da festividade de Misericordia.

A banda interpreta músicas tradicionais e modernas, xa sexa en formato de pasarua, baile ou concerto. O repertorio inclúe temas moi diversos que poden ir dende as pezas mais tradicionais do repertorio graller, ata os ritmos rotos dos países do leste, pasando polo repertorio de orquestina decimonónico ata a salsa latina.

Durante a época de ouro da gralla (1870-1920), xurdiron grupos de grallers cun gran nivel técnico, conlevando unha evolución importante na construción e funcionalidade destes instrumentos. Foi un momento álxido na historia da gralla, pero poucos anos mais tarde, as novas tendencias musicais provocaron unha forte decadencia no mundo das grallas. Algúns dos grupos punteiros da época incorporaron instrumentos de metal (como el fiscorn) nos seus grupos de grallers, para poder achegarse ao repertorio e formacións que predominaban nese momento (as orquestinas, o jazz...). Metralla proponse facer unha pequena recuperación de estas formacións xurdidas nas postrimerías do século XlX, con unha visión actual e emulando o facer de aqueles músicos: interpretar as músicas mais actuais con arranxos escritos para a súa formación.

Na súa curta historia, Metralla ten actuado acompañando ó León reusense nas súas diversas saídas. Tamén ten acompañado elementos festivos de varios lugares de Cataluña (como Tarragona ou Martorell). Participou en festivais de música tradicional como o Tradicionàrius (Barcelona) ou Aires de Dulzaina (de San Esteban de Gormaz), e tamén, facendo múltiples concertos-bailes en localidades como Lleida, Vilafranca del Penedès, Barcelona, Tarragona e, por suposto, Reus.

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
654 910 779 (Heura)